Kachet. Organizando a ficción
A ficción goza xa da condición de escenario no que ocorren as cousas máis auténticas. Deixou de ser irreal. Cada vez máis demandamos un entretemento consoante cos nosos soños. O traballo de Kachet é producir esa realidade á medida de cada fantasía. Somos unha factoría de apoio á imaxinación do mundo das artes.
Nun mundo no que cada decisión pode adoptarse dende un mando a distancia, nós poñemos os medios, a equipaxe, a distancia: creamos experiencias para vostede. Elaboramos emocións. Aportamos ideas. Organizamos a festa da cultura. Unha festa sen fin.
Creamos ficción. Melloramos a realidade. Ofrecemos unha saída. Somos unha entrada. Kachet é unha factoría que presta servizos multimedia de produción total dende hai máis de quince anos. Nós tamén somos a obra.